Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos

19-04-2017

Poderán ser beneficiarios aquelas persoas que teñan ó seu cargo fillos/as menores de tres años na data de 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2.1.2014 e o 1.1.2017, inclusives) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivisen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das personas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

É dicir, todas aquelas persoas que teñan feita a declaración da renda do ano 2015 non poderán ser beneficiarias desta prestación.

Como estimo que esta información pode ser do seu interese comunícollo para que se poñan en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello  antes do 25 de maio do presente ano.

Deberán pedir cita previa no teléfono 981 708 303.

Ligazóns

Compartir: