PREMIOS DO I CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
19-05-2009
O día 17 de maio fíxose entrega dos premios correspondentes ao
I Concurso de Marcapáxinas, organizado pola Biblioteca Municipal con motivo da conmemoración das Letras Galegas.
A continuación presentámosvos aos gañadores por categorías:
? Cat. Benxamín:
- David Nicolás Chiru (2 anos, Galescola de Zas).
- Daniel Antelo (Ed. Infantil 4, C.P.I. de Zas).
? Cat. Infantil:
- Sabela Ulloa (4º Primaria, C.E.I.P. Labarta Pose de Baio).
- Noemí Allo (5º Primaria, C.P.I. de Zas).
? Cat. Xuvenil:
- Laura Tascón (6º Primaria, C.P.I. de Zas).
- Ainoa Antelo (6º Primaria, C.P.I. de Zas).
? Cat. Adultos:
- Raquel Bermúdez (Profesora Galescola).
- Sandra Rodríguez (Profesora Galescola).
Logo da entrega dos premios os membros do grupo Churía da A.C. Castro-Meda realizaron unha Foliada Tradicional, coa que animaron a pequenos e maiores.
Poden ver as obras do concurso na galería que ofrecemos na ligazón ao pé ou visitar a exposición que está aberta na Biblioteca Municipal ata o día 24 de maio.