Finalistas e reservas da II Mostra de Teatro Afeccionado

24-03-2017

Reunida a Comisión de Selección da II Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Zas 2017 de acordo co artigo 6.2 das bases, o xurado decidiu seleccionar os seguintes grupos e obras: pola lingua que empregan (art. 1 das bases), pola súa adaptabilidade aos auditorios do Concello de Zas (art. 10), pola duración das obras e calidade artística, e polo tanto, serán exhibidas nos auditorios municipais de Baio e Zas  previo acordo coas compañías os sábados 22 e 29 de abril e 6, 13 e 20 de maio:

Finalistas:

  • Pinchacarneiro Teatro (Noia) “l”
  • A.C. Papaventos – Andaravía Teatro (Vedra) “república de gundián”
  • Asoc. Teenses pola Igualdade – Martabelas (Teo) “dez baixo cero”
  • Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos) “o de menos é o nome”
  • Asociación Cultural Alende – O Catre Teatro (As Pontes) “o medo meu”

Reservas:

  • Artias Teatro (Teo) “desast-rosas”
  • Asociación Teatral Fauna 113 (Vigo) “deus, unha comedia”
  • Hipócrita Teatro (lugo) “menestra de testosterona

Descargas

Novas relacionadas

Compartir: