Aberto o prazo de inscrición no curso de coidados ao coidador

08-03-2017

A asociación de enfermos de alzheimer AFABER, xunto coa colaboración do Concello de Zas, impartirá no mes de maio un CURSO DE COIDADOS A COIDADOR, no que os familiares ou coidadores adquirirán destrezas necesarias para levar a cabo o necesario autocoidado e comprenderán a importancia de levar a cabo esta tarefa de autocoidarse.

  • DATA DO CURSO: do 15 ó 19 de maio
  • HORARIO: de 10:30 a 12:30 de luns a venres
  • LUGAR: Centro Sociocultural  de Zas

Para a impartición deste curso deberá de existir un mínimo de 6 participantes e un máximo de 20.

O prazo de inscripción está aberto dende o día desta publicación e deben chamar o departamento de Servizos Sociais do Concello para poder inscribirse: 981 708 303

Para calquera tipo de dúbida poñerse en contacto co Concelleiro de Servizos Sociais, Oscar Lema Romero  con número de teléfono: 673 552 454.

Ligazóns

Compartir: