O Concello imparte talleres de técnicas de estudo no CPI de Zas

08-03-2017

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Zas, no seu programa de Educación Familiar, organizou e impartiu durante o mes de xaneiro e febreiro un taller de técnicas de estudo para os alumnos de 5º e 6º de primaria e 1º da ESO do CPI de Zas.

O número de alumnos que participaron nesta actividades foron un total de 45.

O número de sesións impartidas foron cinco, nas que se trataron diferentes técnicas para mellorar os métodos de estudo, como poden ser a velocidade lectora, o subliñado, o resumo, o esquema…

Tanto os días no que se impartiu como a temática a tratar foron consensuadas co departamento de Orientación do centro.

Compartir: