Sesión de contos infantís para conmemorar o Día Internacional da Muller

07-03-2017

Con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora este mércores 8 de marzo, o Concello de Zas organiza unha sesión de contos pola igualdade que, baixo o título “Somos iguais”, está dirixida a alumnos e alumnas da etapa infantil e primaria dos centros educativos do municipio.

Raquel Queizás será a encargada de narrar historias que transmiten valores de igualdade, respecto e convivencia entre nenos e nenas e entre mulleres e homes.

As sesións, de 50 minutos de duración, realizanse o 7 de marzo ás 10:30 horas co CPI de Zas e ás 12 horas no CEIP Labarta Pose de Baio.

Descargas

Compartir: