Exposición Fotoxornalismo Coruña 2015

24-02-2017

O Concello de Zas co patrocinio da Deputación da Coruña, acollerá dende o 24 de febreiro ata o 12 de marzo a EXPOSICIÓN "FOTOXORNALISMO CORUÑA 2015" no Centro Sociocultural de Zas.

Horario: de 10.00h a 14.00h.

Entrada de balde.

Trátase dun evento fotográfico que mostra o traballo dos/as profesionais da imaxe que traballan en xornais, revistas, axencias e gabinetes de comunicación da cidade herculina, a través de 23 instantáneas que amosan o extraordinario nivel dos/as profesionais do fotoxornalismo na provincia da Coruña.

Compartir: