Achegándonos a Rosalía, cos Quinquilláns Teatro

17-02-2017

Co gallo do 180º aniversario do nacemento da escritora máis insigne das Letras Galegas, Rosalía de Castro, que se celebra cada 24 de febreiro, o Concello de Zas por medio da Concellaría de Cultura convida ao alumnado de Educación Primaria a viaxar dunha forma amena e didáctica pola vida e obra da autora.

ACTIVIDADE: "Achegándonos a Rosalia", charla dramatizada arredor de 5 escenas ou actos de adaptacións de poemas Rosalianos: "Conto de Vidal","A pobriña que está xorda", "Emigración ás Américas", "As segas de Castela", "A muller traballadora-Rosalía como escritora". Despois do desenvolvemento das escenas, o alumnado poderá preguntar sobre cousas de Rosalía e o seu significado, tamén a súa relación co teatro, que non era pouca..

Adaptación, interpretación e dirección: Tero Rodríguez e Lucho Penabade (Os Quinquilláns Teatro)

DATA: Mércores, 22 de febreiro de 2017

PARTICIPANTES: Alumnado de Educación Primaria

HORARIOS:

  • 10:00h. CPI de Zas
  • 12:30h. CEIP Labarta Pose de Baio

MÁIS INFORMACIÓN:

Concelleiro de Cultura (670.521.212)

Compartir: