A Deputación da Coruña organiza cursos de socorrismo dentro do plan de emprego local

10-02-2017

O Concello de Zas dispón de 5 prazas para participar nas probas de selección.

Está previsto no marco do Plan de Emprego Local, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade en Socorrismo AA cuático:

 AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 428 HORAS (348 formación teórica e 80 formación práctica)

 AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 378 HORAS (298 formación teórica e 80 formación práctica)

A formación terá lugar nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) en A Coruña, rúa Gambrinus nº 151, nave 3, de luns a venres e a razón de 6 horas diarias (informaráse da modalidade de turno mañán/tarde según sexa zona Santiago ou zona Ferrol) e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais e logo da tempada de praias, previsiblemente en outubro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

O Concello de Zas dispón de 5 prazas para participar nas probas de selección.

As persoas que estean interesadas poden informarse e realizar a súa inscrición  no Servizo de Emprego. Tel 981708303.

Compartir: