Premiados do concurso Panxoliñazas

29-12-2016

Vistos os 4 vídeos presentados ao concurso, o xurado no día de onte, martes 27 de decembro de 2016 decidiu outorgar os premios da maneira que segue:
  • Premio ao vídeo máis popular en Facebook: PANDERETEIRAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL ADRO DE BAIO: "Canto de Nadal de Anxeriz-Tordoia", con 279 "Gústame" na rede social Facebook do Concello de Zas "Concello de Zas Actualidade Municipal". Vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas.
  • Premio á mellor presentación e posta en escena: GRUPO DE PANDERETEIROS PETA-DORES "Os Reis Petadores".Vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas.
  • Premio ao vídeo que conte con máis fidelidade á tradición galega: GRUPO DE BAILE CHURÍA "Permiso para cantar o Nadal".Vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas.
  • Premio ao mellor vídeo infantil: GRUPO CHAMBERÍN DA ASOCIACIÓN CULTURAL ADRO "Da rosa, rosiña".Vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas.

ENTREGA DE PREMIOS: O venres, 30 de decembro de 2016 ás 21:15h no Auditorio de Baio

ORGANIZA: Concello de Zas a través do Servizo de Normalización Lingüística

Compartir: