I CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

24-04-2009

A Biblioteca Municipal, con motivo da celebración das Letras Galegas, convoca o I Concurso de Marcapáxinas, no que poden participar todos os alumnos dos centros de ensino do Concello así como os adultos. A organización establece 4 categorías (benxamín, infantil, xuvenil e adultos).

Xúntanse as bases de participación. Animádevos!




O Mes das Letras no Concello

Por outra banda, maio estará repleto de propostas para todos vós. Destacamos o Obradoiro ?O proceso de ilustración dun libro?, a cargo de Marisa Irimia, as sesións de contacontos dos xa coñecidos Trinke Trinke e San & San e as actuacións de Titirimaxia, que terán como protagonistas ao Mago Pablo, Cayetano Lledó e ao grupo Galitoon.

Na ligazón recomendada atópase toda a información sobre o Mes das Letras.

Compartir: