Zas polo miúdo : nova sección na web municipal

16-11-2016

Dende o Concello de Zas por medio da Concellaría de Cultura, presentamos unha proposta que bota a andar este mes de novembro “Zas polo miúdo”, coa finalidade de dar a coñecer máis a fondo o noso municipio.

Na páxina web municipal, habilitamos unha nova sección: “Zas polo miúdo”. Cada mes presentaremos unha parroquia con documentación elaborada por Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema de cada unha das 16 parroquias que forman parte do Concello de Zas.

No presente mes comezamos pola parroquia de Brandoñas, a que se sitúa máis ó sur do municipio.

Achéganse datos poboacionais, históricos, arqueolóxicos, patrimoniais e culturais entre outros, acompañados de fotografías de cada unha das parroquias.

Convidámosvos a visitar esta nova sección e especialmente a parroquia deste mes de novembro, Brandoñas.

Ligazóns

Compartir: