Case 700 persoas participan nas actividades organizadas polo concello de Zas para este curso

07-11-2016

Uns 670 veciños e veciñas participan nas actividades culturais e deportivas organizadas polo concello de Zas que comezan a partir do próximo luns cunha duración de seis meses.

O Alcade, Manuel Muíño, o Tenente Alcalde, Óscar Lema, e Carmen Espasandín, técnica do Centro de Información á Muller asistiron onte á presentación das actividades que tivo lugar no centro sociocultural da vila. 

Bailes de salón, bordado, cociña, informática, manualidades, poda e enxerto, guitarra, calceta, ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica e tiro con arco son as actividades que ofertan dende o goberno municipal sendo a ximnasia de mantemento a máis demandada.


Para máis información:  673 552 454 (Óscar).

Compartir: