PRESENTACIÓN DE WIMAX
12-02-2009
O mércores
11 de febreiro de 2009 púxose en marcha unha rede de conexión a
Internet Wimax en Zas, a primeira na Costa da Morte e que dará acceso a Internet de alta velocidade sen fíos. A fase de onte comezou coas zonas das parroquias de
Meanos e Gándara.
O alcalde,
Manuel Muíño, visitou na tarde as dúas parroquias presentando a instalación desta tecnoloxía Wimax e explicando como vai ser o funcionamento desta forma de comunicación que son a vangarda sen cables en Galicia. Foi acompañado neste acto por
Manuel Pan, encargado de crear contido e servizos para ZasDixital quen tamén explicou aos veciños como, grazas a ZasDixital poderán realizar moitos trámites oficiais sen necesidade de desprazamentos ao Concello así como crear un sitio web para que as asociacións de veciños teñan un espazo común de difusión e organización. Tamén
Brandán Hermo, en representación da empresa que xestionou a conectividade do sistema realizou aos veciños unha sesión práctica do sistema.
O
xoves 12 ás cinco da tarde, o alcalde coa presenza do delegado da Consellería de Innovación e Industria
e polo Vicepresidente da Deputación da Coruña Pablo Villamar farán a presentación oficial no centro sociocultural de Zas.