Plan de acción para o clima e a enerxía sostible do Concello de Zas
FEADER: Europa inviste no rural
Servizo de Atención Temperá
Zas Dixital
Costa da Morte Terra Atlántica
Convocatoria de contratación de 5 peóns dentro do Plan de Integración Laboral da Deputación Provincial da Coruña.
14-07-2016
As persoas que poden inscribirse teñen que estar desempregadas e reunir algún dos seguintes requisitos:
Mulleres
Maiores de 45 anos.
Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%. A discapacidades deberá acreditarse mediante a presentación dun certificado do grao de discapacidade.
Persoas desfavorecidas que estean nalgunha das seguintes situacións: drogodependencia, vivir nun fogar donde ninguén teña emprego, persoas sen fogar, persoas con fogar monoparental, e persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais. Este requisito acreditarase mediante informe social do concello onde resida.
Parados de longa duración. Para os efectos deste programa consideraranse como parados de longa duración, aquelas persoas que leven máis de dous anos como mínimo como demandantes de emprego. Este requisito acreditarase mediante a presentación da tarxeta de demandante de emprego, onde se indique a data de inscrición, ou ben certificado do período de inscrición como demandante de emprego do Servizo Público de Emprego.
Persoas vítimas de violencia de xénero. Este requisito acreditarase mediante sentencia xudicial en firme e comprobarase de oficio.