ACTIVIDADES DE VERÁN 2016

21-06-2016

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
A partir do LUNS, 27 de XUÑO

ZAS: no Centro Sociocultural (981 751 398)
BAIO: no Centro Sociocultural (981 718 056)

Horario: de luns a venres 9:30h a 14h

É obrigatorio entregar a solicitude de inscrición e realizar o pago das actividades antes do seu inicio

As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada

As persoas NON EMPADROADAS participarán NO CASO DE NON CUBRIRSE AS PRAZAS coas persoas empadroadas no Concello de Zas

 

FESTA INFANTIL
· Descrición da actividade: inchables, tobogáns acuáticos na piscina, touro mecánico, master class de zumba, tiro con arco, festa da espuma,… e merendaremos con flocos de millo e coa Campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata”, e moito máis…
· Observacións: é necesario traer o bañador e chanclas para a piscina
· Destinatarios/as: nenos e nenas de todas as idades do Concello de Zas
· Lugar onde se realiza: campo de fútbol e piscina municipal de Zas
· Horario: 16h. a 20h
· Data: Sábado, 2 de xullo 
· 
Entrada: De balde


CURSOS DE NATACIÓN
· Destinatarios/as: todas as idades
· Lugar onde se realiza: piscinas municipais de Zas e Baio
· Horario: a concretar cos monitores/as nas piscinas
· Datas: xullo e agosto
· Requisitos: ter o carné da piscina (faise no Concello)

CURSO “CREA UN VIDEOXOGO, APRENDE A PROGRAMAR”
· Destinatarios/as: de 8 a 13 anos
· Lugar onde se realiza: aulas de informática dos centros socioculturais de Zas e Baio.
· Horario: de 10h. a 12h.
· Datas: 4, 5, 6, 7 e 8 de xullo (Zas) e 8, 9, 10, 11 e 12 de agosto (Baio)
· Nº de prazas: 12 por localidade
· Prezo: 5€ empadroados/as e 10€ non empadroados/as
· Inscricións: ata o xoves 30 de xuño (Zas) e xoves 4 de agosto (Baio)

CAMPAMENTO URBANO E DEPORTIVO
· Descrición da actividade: actividades deportivas, inglés, xogos, dinámicas, obradoiros de manualidades, baile, cociña, etc... para os/as máis pequenos/as.
· Destinatarios/as: de 4 a 12 anos
· Lugar onde se realiza: Centros socioculturais de Baio e Zas
· Horario: de 10h. a 14h.
· Datas: 4, 5, 6, 7 e 8 de xullo (Baio) e 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo (Zas)
· Nº de prazas: 25 por localidade
· Prezo: 5€ empadroados/as e 10€ non empadroados/as
· Inscricións: ata o xoves 30 de xuño (Baio) e xoves 7 de xullo (Zas)

ESCOLA DE TENIS (Tenis Saborido SC)
· Destinatarios/as: a partir de 8 anos
· Lugar onde se realiza: pavillón de Baio
· Horario: martes e xoves de 16h. a 17:30h.
· Datas: xullo e agosto Nº de prazas: limitadas. Mínimo 8
· Prezo: 20€/mes empadroados/as e non empadroados/as
· Inscricións: ata o venres 1 de xullo

CURSO DE TIRO CON ARCO (A.D. Su a Agra de Baio)
· Destinatarios/as: a partir de 8 anos e persoas adultas
· Lugar onde se realiza: pavillón de Zas
· Horario: de 11h. a 13:30h.
· Datas: sábados 9 e 30 de xullo
· Nº de prazas: Limitadas Prezo: De balde
· Inscricións: ata o xoves 7 de xullo

 

CAMPAMENTO en Naturmaz (3 días)

· Observacións: é obrigatorio levar saco de durmir.
· Descrición da actividade: inclúe aloxamento en albergue, comidas e actividades: tirolesa, escalada, paintball, circuíto multiaventura, rappel, tiro con arco, piragüismo, sendeirismo con orientación, actividade con cabalos, manta raia, busca do tesouro, xogos, veladas e moito máis
· Destinatarios/as: de 7 a 14 anos
· Horario de saída: 9:15h. (Baio -Torre Penedo) e 9:30h. (Zas - Concello)
· Datas: 19, 20 e 21 de xullo
· Nº de prazas: 45
· Prezo: 50€ empadroados/as e 95€ non empadroados/as
· Inscricións: ata o mércores 13 de xullo
· Observacións: no caso de haber máis solicitudes que prazas, realizarase sorteo o xoves 14 de xullo

XII CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS
· Descrición da actividade: realizarase un percorrido en moto clásica (máis de 25 anos). Haberá agasallos entre os/as participantes despois do xantar
· Lugar: saída de Baio Hora: 10h.
· Data: domingo, 24 de xullo
· Prezo: 10€ que se ingresarán no nº de conta: ES60 0238 8208 8507 0201 1416 (Banco Pastor) indicando a/as persoa/s que fan o ingreso
· Inscricións: ata o xoves 21 de xullo no 698 178 654 senón non se terá dereito ao xantar. Haberá que mandar copia do xustificante de pago a motosjosi@gmail.com ou presentalo o día da concentración

EXCURSIÓN AQUAPARK DE CERCEDA
· Observacións: deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Non é necesario o gorro de piscina
· Destinatarios/as: de 8 a 16 anos
· Lugar onde se realiza: Aquapark en Cerceda
· Horario de saída: 10h. (Zas – Concello) e 10:15h. (Baio –Torre Penedo)
· Horario de chegada: 20h. aprox.
· Data: xoves, 28 de xullo
· Nº de prazas: 100
· Prezo: 5€ empadroados/as e 10€ non empadroados/as
· Inscricións: ata o venres 22 de xullo

SEMANA CULTURAL
· Descrición da actividade: teatro, música, obradoiros, exposicións, etc...
· Datas: do 1 ao 7 de agosto
· Observacións: realizarase publicidade específica para estas actividades

CAMPAMENTO URBANO MEDIOAMBIENTAL
· Descrición da actividade: xogos e xincanas no medio natural, obradoiros de reciclaxe e plantación de flores e plantas, etc...
· Destinatarios/as: de 4 a 12 anos
· Lugar onde se realiza: Centros Socioculturais de Baio e Zas
· Horario: 10h. a 14h.
· Datas: 16, 17 e 18 de agosto (Zas) e 23, 24 e 25 de agosto (Baio)
· Inscricións: ata o xoves 11 de agosto (Zas) e xoves 18 de agosto (Baio)
· Nº de prazas: 25 por localidade
· Prezo: 5€ empadroados/as e 10€ non empadroados/as

OS VENRES A PÉ
· Descrición da actividade: rutas de sendeirismo polo Concello de Zas
· Destinatarios/as: maiores de 7 anos e persoas adultas
· Observacións: roupa e calzado cómodo, crema solar. A auga e a comida van por conta dos/as participantes
· Datas: 19 e 26 de agosto
· Inscricións: ata o xoves anterior á realización da ruta
· Saída: praza do Concello ás 10h.

DÍA DA BICI
· Descrición da actividade: realizarase un percorrido en bicicleta polo concello durante unha mañá rematando a actividade cun xantar
· Observacións: é obrigatorio o uso de casco
· Destinatarios/as: maiores de 6 anos e persoas adultas
· Horario: saída da Ponde de Brandomil ás 10:30h.
· Data: domingo, 21 de agosto
· Nº de prazas: sen límite, pero é obrigatorio realizar a inscrición
· Prezo: de balde
· Inscricións: ata o xoves 18 de agosto

XXIX TROFEO DE FÚTBOL CONCELLO DE ZAS
· Data: agosto, pendente de concretar

GUÍAS TEATRALIZADAS ÁS TORRES DO ALLO TODOS OS DOMINGOS DE XULLO E AGOSTO A PARTIR DO 10 DE XULLO ÁS 19:30h.

Descargas

Compartir: