ZAS ACOLLE A ESTREA DO FILME "FRÍO"
09-01-2009
O Concello de Zas acolle a proxección do filme "Frío", participando deste xeito na súa estrea simultánea. A cita é o venres 9 de xaneiro ás 21.00 horas, no Auditorio do Concello.
Frío é un drama policial dirixido por Román Gutiérrez da Silva (Lalín, 1971) e interpretado por Xoque Carvajal e Tzeitel Rodríguez. Filmado en localizacións de Santiago, O Grove e Caminha (Portugal), Frío é unha historia de traizóns e corrupcións con elementos de cine negro.
A proxección oficial terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela e, ao mesmo tempo, poderá verse en máis de cincuenta concellos galegos en coordinación con CINEMAS DIXITAIS e impulsada por A PRODUCTORA MORTA (firma independente responsable de títulos como "O don da dúbida") co obxectivo de dar a coñecer ao gran público un cine galego que aspira a conciliar calidade narrativa e vocación industrial.