EXPOSICIÓN SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

07-10-2008

O Centro Socio-Cultural do Concello de Zas acolle a exposición itinerante do CEIDA titulada "CAMBIO CLIMÁTICO; O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN", que a través de 19 paneis informativos, un módulo audiovisual e dous módulos interactivos fai un percorrido polos impactos, as causas e as solucións a un problema que é responsabilidade de todos.

A mostra permanecerá no Centro Socio-Cultural de Zas ata o 30 de outubro, e pódese visitar de 10.00h a 13.30h.
Compartir: