Venres 11 de marzo: Documental "DIGNA RABIA" no IES Maximino Romero Lema
11-03-2016
ACTIVIDADE: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "DIGNA RABIA"
DATA: Venres 11 de marzo de 2016
LUGAR: IES Maximino Romero Lema de Baio (Zas)
HORA: 12:30h.
DESCRICIÓN: Co gallo do Día da Muller Traballadora nesta semana, proxectarase o documental "Digna Rabia" contando coa presenza de Silvia Pérez Freire, Socióloga e investigadora social especializada en violencia de xénero, para facer unha análise polo miúdo.
O documental, dirixido por María Victoria Martins Rodríguez e Ángel Gallardo, trata a vida das mulleres galegas durante o período franquista e distintas xeracións reflexionan sobre o seu impacto nas súas vidas: como se enfrontaron con el, como sobreviviron, onde traballaron, como responderon á desigualdade, á reclusión doméstica, á sumisión, á violencia de xérero e ás dificultades para instruírse.