Celebración do 8 de marzo

07-03-2016

Declaración Día da Muller 8 de marzo de 2016

O día da muller traballadora é un día para lembrar o sufrimento das mulleres que a comezos do século comezaron esta loita, reivindicando algunhas delas a costa da súa propia vida os dereitos de todas. 

Pero é un día tamén par honrar as mulleres que cada día se levantan á mañanciña, procuran o mellor para os seus, marchan traballar e á noitiña retornan fatigadas para seguir velando pola procura do mellor para os seus. 

É polo tanto un día de orgullo e de ledicia, adicado a celebrar a senda que se abriu ao comezo do século pasado, pero tamén é un día para que todas/os recapacitemos sobre a desigualdade inxustificada que aínda sofremos as mulleres, para seguir concienciándonos dende a máis temperá infancia, imprimindo nas mentes dos nosos meniños e meniñas a igualdade de xénero, para que teñan asumido esa equiparación dende o berce. 

E para que non sexa unha simple declaración de intencións, todos os estamentos da sociedade deben implicarse na tarefa, combatendo todos xuntos dende os signos ou sinais máis elementais á desigualdade, e facendo notra nun acto de solidaridade e valentía aqueles que quedan ocultos baixo a vulnerabilidade da mullere máis desamparada. 

Asdo. Centro de información á muller de Zas

Descargas

Compartir: