Convocatoria acreditación competencias da Consellería de Economía, Emprego e Industria
13-01-2016
A Conselleria de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia convoca o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na comunidade autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións.
[DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016]
Certificados de profesionalidade con prazo de inscrición dende o 12/01/2016 ao 10/02/20016
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
- Servizos para o control de pragas.
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais.
- Socorrismo en instalacións acuáticas.
- Confección e mantemento de artes e aparellos.
Certificados de profesionalidade con prazo de inscrición dende o 12/04/2016 ao 11/05/20016
- Aproveitamentos forestais.
- Tanatopraxia.
Nota: para a cualificación profesional de Extinción de incendios e salvamento non se admitirán novas inscricións dentro desta convocatoria. Só se admitirán ás 250 persoas que quedaron con maior puntuación nestas lista definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria.