DÍA DA BICICLETA

06-08-2008

A saída será ás 11.00h dende a Praza do Concello, e logo de dar unha volta polo pobo, o grupo iniciará un percorrido que o levará por Carreira, Gándara, San Cremenzo, Lamas e Baio, donde daremos a volta e seguiremos ata o campo da Milagrosa en Lamas onde xantaremos a base de churrasco.

Logo do xantar celebraremos o sorteo dunha bicicleta e un equipo completo (maillot, culotte e casco) de ciclismo entre todos os participantes.

Os interesados pódense anotar ata o venres 8 no 981 70 83 03 ou o mesmo día antes de saír.
Compartir: