O NADAL 2008 CHEGA A ZAS!!

04-12-2008

Un ano máis presentamos o programa cultural para este Nadal. A oferta lúdica está integrada por unha gran variedade de alternativas, pensadas para todos os públicos: concertos didácticos para escolares, teatro infantil e de adultos, cine e obradoiros dan corpo a unha programación pensada especialmente para os nosos veciños e veciñas.

Entre as primeiras citas destacamos a representación, o mércores 10 de decembro, da obra "Glub Glub", a cargo da compañía Caramuxo Teatro. As actividades de Nadal rematarán o día 5 de xaneiro coa Cabalgata dos Reis Magos, data na que actuará o mago Pablo.

Podes consultar a programación na nosa axenda.
Compartir: