Obradoiro

08-10-2014

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Zas convoca un obradoiro gratuíto sobre os diferentes recursos que ofrecen as redes para promocionar, financiar e dar a coñecer proxectos. Este obradoiro está incluído no programa ?Activa 2014? da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

DÍA: Mércores 22 de outubro
HORA: de 7 a 9 da tarde
LUGAR: Auditorio municipal de Baio
IMPARTE: Persoal técnico da Consellería de Traballo e Benestar.
DESTINATARIOS/AS: Poboación en xeral, e menores de 30 anos que recibirán un certificado de asistencia.

CONTIDOS:
*Emprendemento dende os blogs:
-Presentación de diversos blogs
-As claves dun blog
-Decálogo dun/ha blogger

*O sistema de financiamento"crowdfunding":
-Como vender o teu proxecto
-Páxinas temáticas
-Packs e mecenas

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
Ata o sábado 18 de outubro ás 18h
-No enderezo electrónico: ana.otero@concellodezas.org
-No centro sociocultural de Baio ou no 981.718.056 (de martes a venres de 15h a 21:30, e sábados de 10h a 18h)
-No centro sociocultural de Zas ou no 981.751.398 (de luns a venres de 9:30h a 14h)

Compartir: