Actividades de verán 2014

11-08-2014

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
ZAS: no Centro Sociocultural (981 751 398)
BAIO: no Centro Sociocultural (981 718 056)
Horario: de luns a venres de 9:30h a 14h

*É obrigatorio entregar a solicitude de inscrición e realizar o pago das actividades antes do seu inicio

*As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada

* As persoas non empadroadas participarán sempre e cando non se cubran as prazas coas persoas empadroadas no Concello de Zas


Programación Actividades de Verán 2014 [PDF]

OS VENRES A PÉ

Descrición da actividade: rutas de sendeirismo, de balde, para os/as máis novos/as polo Concello de Zas.
Destinatarios/as: Maiores de 7 anos
Observacións: Roupa e calzado cómodo, crema solar. A auga e a comida vai por conta dos/as participantes.
Datas: 8, 22 e 29 de agosto
Inscricións: Ata o día anterior á realización da ruta
Saída: Praza do Concello ás 10h.


CURSO DE SURF, BODYBOARD E ACTIVIDADES ACUÁTICAS

Observacións: Deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Impartido por Namarea Surf
Destinatarios/as: Maiores de 10 anos e persoas adultas
Lugar onde se realiza: praia a determinar en función da meteoroloxía
Horario de saída: Saída da praza do Concello ás 9.30h.
Horario de chegada: 20h aprox.
Data: Mércores, 13 de agosto
Nº de prazas: Mínimo 25, Máximo 50
Prezo: 25? empadroados/as e 30? non empadroados/as, que inclúe o material necesario para o desenvolvemento da actividade
Inscricións: Ata o 12 de agosto


ZASPATEANDO. ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS

Descrición da actividade: Levaranse a cabo roteiros interpretativos e outros xogos dende unha perspectiva respectuosa co medioambiente
Destinatarios/as: De 4 a 12 anos
Lugar onde se realiza: Centros Socioculturais de Baio e Zas
Horario: 10h a 13h
Datas: 18 e 19 de agosto (Zas) e 20 e 21 (Baio)
Inscricións: Ata o 15 de agosto en Zas e ata o 19 de agosto en Baio
Nº de prazas: 30 por localidade
Prezo: 3? empadroados/as e 5? non empadroados/as


XXVII TROFEO DE FÚTBOL CONCELLO DE ZAS

Datas: Agosto
Compartir: