Actividades de verán 2014
22-07-2014
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
ZAS: no Centro Sociocultural (981 751 398)
BAIO: no Centro Sociocultural (981 718 056)
Horario: de luns a venres de 9:30h a 14h
*É obrigatorio entregar a solicitude de inscrición e realizar o pago das actividades antes do seu inicio
*As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada
* As persoas non empadroadas participarán sempre e cando non se cubran as prazas coas persoas empadroadas no Concello de Zas
Programación Actividades de Verán 2014 [PDF]
Cartel Festa Infantil 2014 [PDF]
CURSO DE PREPARACIÓN DO GRADUADO EN ESO
Destinatarios/as: Persoas adultas
Lugar onde se realiza: Centro sociocultural de Zas
Días: Martes, mércores e sábados
Datas estimadas: De xuño a setembro
Prezo: Consultar
Información e inscricións: No Concello (Isabel) ou no 981 708 303
CURSOS DE NATACIÓN
Destinatarios/as: Tódalas idades
Lugar onde se realiza: Piscinas municipais de Zas e Baio
Horario: A concretar cos monitores/as
Datas: Xullo e Agosto
Prezo: Os cursos son de balde, pero será obrigatorio ter o carné da piscina
Inscricións: No Concello
X CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS
Descrición da actividade: Realizarase un percorrido en moto clásica. Haberá agasallos entre os/as participantes despois do xantar, en Zas.
Lugar: Saída de Baio. Cruce de Laxe (Avda. Xeneral Vidal Ríos)
Hora: 9:30h
Ruta: Baio ? Malpica ? Punta Nariga ? Barizo ? Brántuas ? Valarés ? Zas
Data: Domingo, 27 de xullo
Prezo: 5? condutor/a e 5? acompañante, que se ingresarán no nº de conta: ES85 0238 8208 87 0702002526 indicando a/as persoa/s que fan o ingreso. Quen non o faga antes do 23 de xullo non terá dereito ao xantar reservado no restaurante.
Inscricións: Ata o 23 de xullo no Concello, 698 178 654 ou no 619 376 793
OS VENRES A PÉ
Descrición da actividade: rutas de sendeirismo, de balde, para os/as máis novos/as polo Concello de Zas.
Destinatarios/as: Maiores de 7 anos
Observacións: Roupa e calzado cómodo, crema solar. A auga e a comida vai por conta dos/as participantes.
Datas: 8, 22 e 29 de agosto
Inscricións: Ata o día anterior á realización da ruta
Saída: Praza do Concello ás 10h.
DÍA DA BICI
Descrición da actividade: Realizarase un percorrido en bicicleta polo concello durante unha mañá rematando a actividade cun xantar de convivencia
Observacións: É obrigatorio o uso de casco
Destinatarios/as: Maiores de 6 anos
Horario: Saída da praza do Concello ás 10h.
Data: Domingo, 10 de agosto
Nº de prazas: Sen límite, pero é obrigatorio realizar a inscrición
Prezo: De balde
Inscricións: Ata o 14 de agosto
EXCURSIÓN AQUAPARK DE CERCEDA
Observacións: Deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Non é necesario o gorro de piscina
Destinatarios/as: De 8 a 16 anos
Lugar onde se realiza: Aquapark en Cerceda
Horario de saída: 10h (Zas) e 10:15h (Baio)
Horario de chegada: 20h aprox.
Data: luns, 11 de agosto
Nº de prazas: 100, segundo orde de inscrición
Prezo: 5? empadroados/as e 10? non empadroados/as
Inscricións: Ata o 7 de agosto
CURSO DE SURF, BODYBOARD E ACTIVIDADES ACUÁTICAS
Observacións: Deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Impartido por Namarea Surf
Destinatarios/as: Maiores de 10 anos e persoas adultas
Lugar onde se realiza: praia a determinar en función da meteoroloxía
Horario de saída: Saída da praza do Concello ás 9.30h.
Horario de chegada: 20h aprox.
Data: Mércores, 13 de agosto
Nº de prazas: Mínimo 25, Máximo 50
Prezo: 25? empadroados/as e 30? non empadroados/as, que inclúe o material necesario para o desenvolvemento da actividade
Inscricións: Ata o 12 de agosto
ZASPATEANDO. ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS
Descrición da actividade: Levaranse a cabo roteiros interpretativos e outros xogos dende unha perspectiva respectuosa co medioambiente
Destinatarios/as: De 4 a 12 anos
Lugar onde se realiza: Centros Socioculturais de Baio e Zas
Horario: 10h a 13h
Datas: 18 e 19 de agosto (Zas) e 20 e 21 (Baio)
Inscricións: Ata o 15 de agosto en Zas e ata o 19 de agosto en Baio
Nº de prazas: 30 por localidade
Prezo: 3? empadroados/as e 5? non empadroados/as
XXVII TROFEO DE FÚTBOL CONCELLO DE ZAS
Datas: Agosto