Oferta de actividades de Verán 2014 do Concello de Zas

18-06-2014

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
ZAS: no Centro Sociocultural (981 751 398)
BAIO: no Centro Sociocultural (981 718 056)
Horario: de luns a venres de 9:30h a 14h
Prazo: A partires do LUNS, 23 de XUÑO

*É obrigatorio entregar a solicitude de inscrición e realizar o pago das actividades antes do seu inicio

*As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada

* As persoas non empadroadas participarán sempre e cando non se cubran as prazas coas persoas empadroadas no Concello de Zas


Programación Actividades de Verán 2014 [PDF]

Cartel Festa Infantil 2014 [PDF]


FESTA INFANTIL

Descrición da actividade: Circuíto de quads, pista americana, diversos inchables, tobogáns acuáticos na piscina, touro mecánico, obradoiros, festa da espuma, xogos tradicionais, tiro con arco? merendaremos coa campaña ?Ponlle as pilas ao teu bocata? da Consellería do Medio Rural e do Mar, e moito máis?

Observacións: É necesario traer o bañador para as actividades acuáticas

Destinatarios/as: Nenos e nenas de tódalas idades do Concello de Zas

Lugar onde se realiza: Campo de fútbol e piscina municipal de Zas
Horario: 16h a 20h
Data: Sábado, 21 de xuño
Nº de prazas: Sen límite
Prezo: De balde

CURSO DE PREPARACIÓN DO GRADUADO EN ESO

Destinatarios/as: Persoas adultas

Lugar onde se realiza: Centro sociocultural de Zas
Días: Martes, mércores e sábados
Datas estimadas: De xuño a setembro
Prezo: Consultar

Información e inscricións: No Concello (Isabel) ou no 981 708 303

III RUTA BTT (coa colaboración do Clube Ciclista Kebrakostas e da Asociación Veciñal Barolo)

Descrición da actividade: ruta libre e non federada de 42 km. Haberá dúchas, lavado de bicicletas, 2 avituallamentos, xantar, trofeos e moito máis.

Data: Domingo, 29 de xuño
Prezo: 10?

Inscricións e información: www.kebrakostas.com


CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA E MECANOGRAFÍA

Destinatarios/as: Nenos/as de 1º e 2º ciclo de Primaria

Horarios: Luns, mércores e venres de 10h a 11:30h (Zas) e de 12h a 13:30h(Baio). Do 30 de xuño ao 18 de xullo, agás o 11 en Baio e o 16 en Zas
Prazas: 15 por localidade
Prezo: 10?

Inscricións: Ata o 27 de xuño


DIVERVERÁN

Descrición da actividade: Xogos, dinámicas, obradoiros, etc? para os/as máis pequenos/as

Destinatarios/as: De 4 a 12 anos

Lugar onde se realiza: Centros socioculturais de Baio e Zas
Horario: de 10h a 13h
Datas: 1, 2, 3, e 4 de xullo (Baio) e 7, 8, 9 e 11 de xullo (Zas)
Nº de prazas: 30 por localidade
Prezo: 3? empadroados/as e 5? non empadroados/as

Inscricións: Ata o 30 de xuño (Baio) e ata o 4 de xullo (Zas)


CURSO DE PIRAGÜÍSMO

Observacións:É obrigatorio saber nadar. Imparte CDM Piragüísmo Dumbría

Destinatarios/as: Maiores de 8 anos e persoas adultas

Horario e lugar: Concretarase nunha xuntanza coas persoas interesadas.
Datas: 2 días á semana en xullo, con posibilidade de ampliar a agosto
Nº de prazas: Limitadas. Mínimo 8
Prezo: 25? e 10? da licenza empadroados/as e non empadroados/as

Inscricións: Ata o 30 de xuño


CURSOS DE NATACIÓN

Destinatarios/as: Tódalas idades

Lugar onde se realiza: Piscinas municipais de Zas e Baio
Horario: A concretar cos monitores/as
Datas: Xullo e Agosto
Prezo: Os cursos son de balde, pero será obrigatorio ter o carné da piscina

Inscricións: No Concello


CURSO DE TIRO CON ARCO

Destinatarios/as: Maiores de 8 anos e persoas adultas

Lugar onde se realiza: Campo de fútbol de Zas
Horario: De 11h a 13:30h
Datas: sábados 5 e 19 de xullo
Nº de prazas: Limitadas
Prezo: De balde

Inscricións: Ata o 4 de xullo


CAMPAMENTO en Naturmaz (3 días)

Observacións:É necesario levar saco de durmir.

Descrición da actividade: Inclúe aloxamento en albergue, comidas e actividades: tirolesa, escalada, paintball, circuíto multiaventura, rappel, tiro con arco, piragüísmo, sendeirismo con orientación, actividade con cabalos, manta raia, xogos, veladas e moito máis.

Destinatarios/as: De 7 a 14 anos

Datas: 21, 22 e 23 de xullo
Nº de prazas: 30
Prezo: 40? empadroados/as e 92? non empadroados/as

Inscricións: Ata o 18 de xullo


X CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS

Descrición da actividade: Realizarase un percorrido en moto clásica. Haberá agasallos entre os/as participantes despois do xantar, en Zas.

Lugar: Saída de Baio. Cruce de Laxe (Avda. Xeneral Vidal Ríos)
Hora: 9:30h
Ruta: Baio ? Malpica ? Punta Nariga ? Barizo ? Brántuas ? Valarés ? Zas
Data: Domingo, 27 de xullo
Prezo: 5? condutor/a e 5? acompañante, que se ingresarán no nº de conta: ES85 0238 8208 87 0702002526 indicando a/as persoa/s que fan o ingreso. Quen non o faga antes do 23 de xullo non terá dereito ao xantar reservado no restaurante.

Inscricións: Ata o 23 de xullo no Concello, 698 178 654 ou no 619 376 793


SEMANA CULTURAL

Descrición da actividade: Teatro, música, obradoiros, exposicións, artesanía, concertos,etc

Datas: Do 27 de xullo ao 3 de agosto


OS VENRES A PÉ

Descrición da actividade: rutas de sendeirismo, de balde, para os/as máis novos/as polo Concello de Zas.

Destinatarios/as: Maiores de 7 anos

Observacións: Roupa e calzado cómodo, crema solar. A auga e a comida vai por conta dos/as participantes.

Datas: 8, 22 e 29 de agosto

Inscricións: Ata o día anterior á realización da ruta

Saída: Praza do Concello ás 10h.


DÍA DA BICI

Descrición da actividade: Realizarase un percorrido en bicicleta polo concello durante unha mañá rematando a actividade cun xantar de convivencia

Observacións: É obrigatorio o uso de casco

Destinatarios/as: Maiores de 6 anos

Horario: Saída da praza do Concello ás 10h.
Data: Domingo, 10 de agosto
Nº de prazas: Sen límite, pero é obrigatorio realizar a inscrición
Prezo: De balde

Inscricións: Ata o 14 de agosto


EXCURSIÓN AQUAPARK DE CERCEDA

Observacións: Deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Non é necesario o gorro de piscina

Destinatarios/as: De 8 a 16 anos

Lugar onde se realiza: Aquapark en Cerceda
Horario de saída: 10h (Zas) e 10:15h (Baio)
Horario de chegada: 20h aprox.
Data: luns, 11 de agosto
Nº de prazas: 100, segundo orde de inscrición
Prezo: 5? empadroados/as e 10? non empadroados/as

Inscricións: Ata o 7 de agosto


CURSO DE SURF, BODYBOARD E ACTIVIDADES ACUÁTICAS

Observacións: Deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Impartido por Namarea Surf

Destinatarios/as: Maiores de 10 anos e persoas adultas

Lugar onde se realiza: praia a determinar en función da meteoroloxía
Horario de saída: Saída da praza do Concello ás 9.30h.
Horario de chegada: 20h aprox.
Data: Mércores, 13 de agosto
Nº de prazas: Mínimo 25, Máximo 50
Prezo: 25? empadroados/as e 30? non empadroados/as, que inclúe o material necesario para o desenvolvemento da actividade

Inscricións: Ata o 12 de agosto


ZASPATEANDO. ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS

Descrición da actividade: Levaranse a cabo roteiros interpretativos e outros xogos dende unha perspectiva respectuosa co medioambiente

Destinatarios/as: De 4 a 12 anos

Lugar onde se realiza: Centros Socioculturais de Baio e Zas
Horario: 10h a 13h
Datas: 18 e 19 de agosto (Zas) e 20 e 21 (Baio)

Inscricións: Ata o 15 de agosto en Zas e ata o 19 de agosto en Baio
Nº de prazas: 30 por localidade
Prezo: 3? empadroados/as e 5? non empadroados/as


XXVII TROFEO DE FÚTBOL CONCELLO DE ZAS

Datas: Agosto
Compartir: