Actuación dos Bolechas

29-05-2014

O próximo sábado, 7 de xuño ás 19.00h no Auditorio de Zas, contaremos cunha actividade lúdica e didáctica que forma parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) enmarcada no Programa FalaRedes 2014 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

* Pensada para nenos e nenas de 3 a 9 anos e para as súas familias. Os Bolechas preséntanse en forma de monicreques manipulados por actores á vista, modalidade novidosa en Galicia, e a temática xirará tamén arredor dun concurso no que participan Os Bolechas e que acabará como adoitan rematar as aventuras destes irmáns.

*ENTRADA GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO.

AGARDÁMOSVOS!!!
Compartir: