Clausura escola de teatro infantil Concello de Zas

03-06-2014

O domingo 1 de xuño as 18h no auditorio de Baio, celebrouse a clausura do VII curso de teatro infantil das Escolas de Teatro Municipais do Concello de Zas.

Este curso 2013-14 participaron 45 alumnos entre a Escola de Teatro de Zas e a de Baio con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. Sete meses de traballo traducidos en 11 obras de teatro que se representaron neste acto de clausura.

A Escola de Teatro Municipal do Concello de Zas comenzou a súa andaina no ano 2006 e dende entón está dirixida por Marco Álvarez e Pablo Soto "Pibe" actores cunha longa traxectoria no grupo de teatro Badius.
Compartir: