Comezou o Camiño a pé 2014

30-04-2014

O pasado sábado, 26 de abril comezou o Camiño a pé 2014 promovido polo Concello de Zas.

Nesta ocasión facemos o Camiño Primitivo, dende Lugo ata Santiago de Compostela.

A 1ª etapa transcorreu entre Lugo e San Román da Retorta (19.4km) e nela participaron 45 persoas.

A próxima etapa será o sábado 10 de maio e iremos dende San Román da Retorta ata Vilamor (Melide), sobre 24 km.
Compartir: