Presentación de Correndo pola Costa da Morte

04-02-2014

O pasado mércores, 29 de xaneiro, presentouse na Casa de Pedra de Camariñas o primeiro circuito de carreiras populares denominado "Correndo pola Costa da Morte".

Este circuito nace da unión de varios concellos da nosa costa para continuar facendo cousas en común. Se ben, hai unhas semanas varios concellos se xuntaban para traballar xuntos turísticamente en Fitur, agora tócalle ao deporte.


Son 8 concellos: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas, que manifestaron a súa vontade por preparar en común un circuito de carreiras populares.

Para algúns municipios non é a primeira vez que se realiza esta actividade deportiva, no caso de Camariñas é a terceira edición, outros como Carnota levan 23. Os alcaldes acordaron as datas das probas sendo a primeira en Camariñas o próximo 9 de marzo, no caso de Zas, a carreira será o 1 de Xuño.

Todos os alcaldes estiveron na presentación, salvo o de Muxía e Carnota que manifestaron o seu pesar por non poder estar e o de Corcubión que estivo representado polo seu tenente de alcalde.

Tamén estivo Isidoro Hornillos, Presidente da Federación Galega de Atletismo, catro concelleiros de Camariñas e os técnicos de deporte dos oito concellos.
Compartir: