Exposición " CARTAS DE AMOR"

30-12-2013

O Centro de Información á Muller organiza a exposición " Cartas de Amor" concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade. Esa exposición invita a "reflexionar e a escoitar o que o corazon nos dí, sempre pensando tamén no respecto e na liberdade das persoas que están ó noso lado".

Estará aberta desde o 9 ata o 15 de xaneiro en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, no Centro Sociocultural de Zas.
Compartir: