ANUNCIO URXENTE SOBRE A PRESELECCIÓN DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO TERRA DE SONEIRA 2013-2014

19-09-2013

Informamos a todas as persoas inscritas no Obradoiro de Emprego que a Oficina de Emprego de Cee publicou as bases que rexerán para o proceso de pre-selección de alumnos- traballadores.

Dada a extremada urxencia deste proceso de selección os tres concellos comezarán a avisar aos alumnos preseleccionados para que acudan aos seus respectivos concellos, no caso de Zas, pola Axencia de Emprego e desenvolvemento local, os días 18 e 19 de setembro en horario de 9:00 a 15:00 horas, para recoller a cita e entregar a documentación necesaria.

As bases recollen que as persoas que participaron anteriormente nun Obradoiro de Emprego ou ben nunha escola obradoiro non poden participar noutro, polo tanto, non poden presentarse a este proceso de preselección.

As entrevistas de preselección realizaranse no Concello de Vimianzo, o venres 20 e o luns 23 de setembro.
Compartir: