Seguimos coa Semana Cultural
01-08-2013
Dende o Concello de Zas, recordámosvos que seguimos coas actividades programadas con motivo da Semana Cultural.
O mércores 31 de xullo como xa sabedes, tivemos un monólogo de Carlos Blanco, no que os/as asistentes doaron 2? por ver o espectáculo.
Recadáronse un total de 470? que se destinarán a 3 bolsas de estudo de primaria para nenos/as de comunidades indíxenas sen recursos de Nueva Segovia (Nicaragua) por medio da ONG Sólida e o Instituto de Liderazgo de Nueva Segovia, tal e como explicou o conferenciante José M. Pérez Otero antes do monólogo.
Ademais da programación que coñecedes,
mañá vernes, 2 de agosto contaremos ás 18h. co escritor Xosé Neira Vilas acompañado de
Valentín García, Secretario xeral de política lingüística e
Xosé Luís Reimóndez, comisario da exposición que se clausurará mañá "Querido Balbino. Memorias dun neno labrego", no Centro Sociocultural de Zas.