II Concurso de Postres da Semana Cultural

23-07-2013

INSCRICIÓN
1. Poderán presentarse ao concurso, tódalas persoas interesadas, non profesionais no mundo da hostelería, panadería e repostería.
2. É obrigatoria a inscrición
3. Só se admitirá un postre por inscrición.

RECEPCIÓN DOS POSTRES
4. As persoas participantes deberán presentar os seus postres o martes, 30 de xullo a partires das 18h na carpa situada diante do Centro Sociocultural de Zas. A organización daralle un número de identificación, que se lle colocará tamén ó postre correspondente.
5. Tódolos postres presentados ao concurso serán degustados polos/as participantes e asistentes que terá lugar o mesmo día, unha vez valorados polo xurado.

XURADO
6. O xurado estará composto por persoal do Concello de Zas e por expertos do sector.

VALORACIÓN E PUNTUACIÓN:
7. Valoración dos postres:
a. Sabor (de 1 a 8 puntos)
b. Presentación (de 1 a 6 puntos)
c. Orixinalidade (de 1 a 3 puntos)
d. Dificultade (de 1 a 3 puntos)

PREMIOS
8. Haberá 3 postres gañadores aos que corresponderán os seguintes premios:
- 1º Premio: vale de compra por 100? e diploma
- 2º Premio: vale de compra por 75? e diploma
- 3º Premio: vale de compra por 50? e diploma
9. O diñeiro dos premios, non se recibirá en metálico. Os vales só se poderán utilizar en establecementos comerciais do municipio.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS
10. Rógase puntualidade na entrega dos postres.
11. Os premios poderán declararse desertos.

Compartir: