PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS
06-03-2008
O Concello de Zas, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, vai a realizar diversas actividades formativas, destinadas a distintos colectivos
Curso de manipulación de alimentos, para a expedición ou renovación do carné de manipulador de alimentos. Realizarase o vindeiro 14 de marzo, no Centro Sociocultural de Zas.
O prazo de inscrición remata o 13 de marzo.
Cursos de Lingua Galega, estes cursos serán preparatorios para as probas de obtención dos novos certificados de lingua galega (CELGA). As persoas interesadas en participar deben realizar unha
preinscrición ata o 14 de marzo.
Curso de ofimática aplicado á xestión de pequenas empresas, estará destinado ó colectivo de autónomos e persoas traballadoras asalariadas, cunha duración de 50 horas, e realizarase nos meses de abril e maio. O horario poñerase en función das preferencias da maioría das persoas asistentes.
O prazo de inscrición remata o 31 de marzo.
As persoas que desexen participar nestas actividades deben
incribirse xunto da Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello ( Tel.
981 70 83 03).