Entrega de certificados de Graduado en ESO por libre

01-07-2013

As persoas participantes no curso de "Preparación de graduado en ESO", convocatoria de xuño, recolleron de man do alcalde os certificados escolares.

A entrega dos certificados polo Alcalde tivo lugar no salón de plenos do concello.

Este curso tivo lugar desde o mes de decembro ata o mes de xuño, e nel participaron 25 persoas, das cales conseguiron o graduado en ESO o 90% dos participantes.

Dado os bos resultados obtidos, seguiremos preparando a todas as persoas que estean interesadas en participar. Xa está aberto o prazo para inscribirse no grupo que preparará a convocatoria de Setembro.
Compartir: