Actividades Verán 2013

19-06-2013

FESTA INFANTIL

Descrición da actividade: Unha tarde de diversión con diversas actividades como circuíto de trikets, pista americana, diversos inchables, tobogáns acuáticos, cama elástica, futbolín humano, touro mecánico, festa da espuma, sorprendentes xogos de habilidade para tódalas idades, obradoiros, etc,?
· Observacións: É necesario traer o bañador para as actividades acuáticas
· Destinatarios/as: Nenos e nenas de tódalas idades do concello de Zas
· Lugar onde se realiza: Campo de fútbol e piscina municipal de Zas
· Horario: 16h a 20h
· Data: Sábado, 22 de xuño
· Nº de prazas: Sen límite
· Prezo: De balde


DIVERVERÁN

· Descrición da actividade: Xogos, dinámicas, obradoiros, etc? para os/as máis pequenos/as
· Destinatarios/as: De 5 a 12 anos
· Lugar onde se realiza: Centros socioculturais de Baio e Zas
· Horario: de 11h a 13h
· Datas: 2,3,4, e 5 de xullo (Baio) e 9,10,11 e 12 de xullo (Zas)
· Nº de prazas: 30 por localidade
· Prezo: 3? empadroados/as e 5? non empadroados/as
· Inscricións: Ata o 1 de xullo (Baio) e 8 de xullo (Zas)


CURSO DE PIRAGÜÍSMO

· Observacións: É obrigatorio saber nadar. Imparte CDM Piragüísmo Dumbría
· Destinatarios/as: A partir de 8 anos
· Horario: De mañá, por concretar
· Datas: 2 días á semana en xullo, con posibilidade de ampliar a agosto
· Nº de prazas: Limitadas. Mínimo 8
· Prezo: 25? e 10? da licenza empadroados/as e non empadroados/as
· Inscricións: Ata o 1 de xullo


ESCOLA DE TENIS

· Descrición da actividade: Impartido por Tenis Saborido SC
· Destinatarios/as: Maiores de 8 anos
· Lugar onde se realiza: Pista polideportiva de Zas
· Horario: Martes e xoves de 16h a 17h
· Datas: Xullo e agosto
· Nº de prazas: Limitadas. Mínimo 16
· Prezo: 25? empadroados/as e non empadroados/as
· Inscricións: Ata o 1 de xullo


CURSO DE NATACIÓN


· Destinatarios/as: Tódalas idades
· Lugar onde se realiza: Piscinas municipais de Zas e Baio
· Horario: A concretar cos monitores/as
· Datas: Xullo e Agosto
· Prezo: De balde
· Inscricións: No Concello


CURSO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE

· Requisitos:
Maior de 18 anos; Graduado ESO, Graduado escolar ou equivalente; Técnico Auxiliar en FP ou equivalente
· Horario: De luns a venres de 9h a 14h.
· Datas estimadas: Do 1 de xullo ao 28 de agosto
· Prezo: 250?
· Información e inscricións: No Concello ou no 981.708.303


CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA

· Destinatarios/as: Nenos/as de 1º e 2º ciclo de Primaria
· Horarios: Luns, mércores e venres de 10h a 11:30h (Zas) e de 12h a 13:30h (Baio). Do 1 ao 19 de xullo
· Prazas: 15 por localidade
· Prezo: 10?
· Inscricións: Ata o 28 de xuño


IX CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS

· Descrición da actividade: Realizarase un percorrido en moto clásica. Haberá agasallos entre os/as participantes despois do xantar, en Zas.
· Lugar: Saída de Baio. Cruce de Laxe (Avda. Xeneral Vidal Ríos)
· Hora: 9:30h
· Percorrido: Baio ? Senande ? Fervenza do Castro ? Praia de Lago ? Faro de Laxe ? Zas
· Data: Domingo, 28 de xullo
· Prezo: 5? condutor/a e 5? acompañante, que se ingresarán no nº de conta: 0075 8555 53 0700147339 indicando a/as persoa/s que fan o ingreso. Quen non o faga antes do 24 de xullo non terá dereito ao xantar reservado no restaurante.
· Inscricións: Ata o 24 de xullo no Concello, 698 178 654 ou 619 376 793


CAMPAMENTO (3 días)

· Descrición da actividade: Pasaremos dúas noites fóra da casa. Faremos xogos e actividades como tirolesa, torre de escalada, tiro con arco, piragüismo, liga de paintball, sendeirismo con orientación, circuíto multiaventura de altura, veladas, e moito máis.
· Destinatarios/as: De 7 a 14 anos
· Datas: 22,23 e 24 de xullo
· Nº de prazas: 30
· Prezo: 40? empadroados/as e 80? non empadroados/as
· Inscricións: Ata o 19 de xullo


CURSO DE TIRO CON ARCO

· Destinatarios/as: Maiores de 8 anos
· Lugar onde se realiza: Campo de fútbol de Zas
· Horario: De 11h a 13:30h
· Datas: sábados 13 e 20 de xullo
· Nº de prazas: Limitadas
· Prezo: De balde
· Inscricións: Ata o 12 de xullo


SEMANA CULTURAL


· Descrición da actividade: Teatro, música, obradoiros, exposicións, artesanía, concertos,etc
· Datas: Do 28 de xullo ao 4 de agosto


OS VENRES A PÉ

· Descrición da actividade: rutas de sendeirismo, de balde, para os/as máis novos/as polo Concello de Zas.
· Destinatarios/as: Maiores de 7 anos
· Observacións: Roupa e calzado cómodo. A auga e a comida vai por conta dos/as participantes.
· Datas: 9, 23 e 30 de agosto
· Inscricións: Ata o día anterior á realización da ruta
· Saída:
Praza do Concello ás 10h.


EXCURSIÓN AQUAPARK DE CERCEDA

· Descrición da actividade: Unha xornada que os pequenos/as e mozos/as pasarán no Aquapark de Cerceda
· Observacións: Deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Non é necesario o gorro de piscina
· Destinatarios/as: De 8 a 16 anos
· Lugar onde se realiza: Aquapark en Cerceda
· Horario de saída: 10h (Zas) e 10:15h (Baio)
· Horario de chegada: 20h aprox.
· Data: luns, 12 de agosto
· Nº de prazas: 100, segundo orde de inscrición
· Prezo: 5? empadroados/as e 10? non empadroados/as
· Inscricións: Ata o 8 de agosto


XORNADA DO DEPORTE DE AVENTURA PARA ADULTOS/AS

· Descrición da actividade: Ao longo dunha xornada poderase desfrutar de diversos deportes de aventura como tirolesa, torre de escalada, rappel, liga de paintball, etc,?
· Observacións: Non se inclúe o xantar nin o desprazamento ata as instalacións de Naturmaz, que será por conta dos/as participantes
· Destinatarios/as: Maiores de 14 anos e adultos/as
· Horario: Todo o día
· Datas: Sábado, 10 de agosto
· Nº de prazas: 30
· Prezo: 20? empadroados/as e 35? non empadroados/as
· Inscricións: Ata o 8 de agosto


DÍA DA BICI

· Descrición da actividade: Realizarase un percorrido en bicicleta polo concello durante unha mañá rematando a actividade cun xantar de convivencia
· Observacións: É obrigatorio o uso de casco
· Destinatarios/as: Maiores de 6 anos
· Lugar onde se realiza: Arredores do concello
· Horario: Saída da praza do Concello ás 10h.
· Data: Domingo, 18 de agosto
· Nº de prazas: Sen límite, pero é obrigatorio realizar a inscrición
· Prezo: De balde
· Inscricións: Ata o 14 de agosto


ZASPATEANDO. ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS

· Descrición da actividade: Levaranse a cabo roteiros interpretativos e outros xogos dende unha perspectiva respectuosa co medioambiente
· Destinatarios/as: De 5 a 12 anos
· Lugar onde se realiza: Centros Socioculturais de Baio e Zas
· Horario: 11h a 13h
· Datas: 19 e 20 de agosto (Zas) e 21 e 22 (Baio)
· Inscricións: Ata o 14 de agosto en Zas e ata o 20 de agosto en Baio
· Nº de prazas: 30 por localidade
· Prezo: 3? empadroados/as e 5? non empadroados/as


XXVI TROFEO DE FÚTBOL CONCELLO DE ZAS

· Datas: Agosto


INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

· ZAS: no Centro Sociocultural (981 751 398)
· BAIO: no Centro Sociocultural (981 718 056)
· Horario: de luns a venres de 9:30h a 14h
· Prazo: A partires do MARTES, 25 de XUÑO

É obrigatorio entregar a solicitude de inscrición e realizar o pago das actividades antes do seu inicio

As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada

As persoas non empadroadas participarán sempre e cando non se cubran as prazas coas persoas empadroadas no Concello de Zas.
Compartir: