CURSOS PARA AUTÓNOMOS E DESEMPREGADOS

16-05-2013

O Concello de Zas vai a levar a cabo accións formativas gratuítas para empresarios autónomos e persoas desempregadas, que van a ser impartidas nas Aulas de Informática de Baio e Zas.

En concreto vanse desenvolver as seguintes accións formativas:

· Curso de prevención de Riscos laborais
Duración: 8 horas
Datas: sábados 8 e 14 de xuño
Horario: de 10 a 14 horas.

· Curso de informática: redes sociais
Duración: 30 horas
Obxectivo: Adquirir coñecementos de internet e redes sociais

· Curso de "Como xestionar a relación da súa empresa cos bancos"
Duración: 30 horas
Obxectivo: Adquirir e mellorar os coñecementos de xestión empresarial
Datas: mes de xuño

Estes cursos serán compatibles coa xornada laboral.

O prazo de inscrición remata o 3 de xuño. As persoas interesadas deben inscribirse na Axencia de Emprego e Desenvolvemento local, teléfono 981 70 83 03.
Compartir: