ZAS DIXITAL. REDE WIMAX E PORTAL CIDADÁN PARA TODOS E TODAS
22-02-2008
Zas poñerase á vangarda dos servizos de conexión inalámbrica no rural co proxecto
ZAS DIXITAL, financiado pola Consellería de Innovación e Industria e o propio Concello.
Como xa anunciamos no seu momento, o pasado xoves, 21 de febreiro, achegáronse ao Local Social
Dona. Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información;
Don Lois Barcia, delegado provincial da Consellería e o Exmo. alcalde do Concello,
Don Manuel Muíño para explicar polo miúdo en que consiste a iniciativa
`Zas Dixital´.
A
Rede WIMAX do Concello permitirá que todos os edificios públicos conten con banda ampla, e en cada un deles se instale unha rede WIFI de conexión a internet para o acceso no entorno dos mesmos e, por outra banda, este proxecto está orientado a prestar servizos á cidadanía que precise unha solución de conexión fiable e segura á rede de internet por banda ampla.
Finalmente, sinalar que no cadro desta iniciativa crearase un servizo de
e-administración onde os veciños e veciñas poderán interactuar co
Portal Cidadán, un sistema de xestión que permitirá o acceso a información sobre o Plan Xeral de Urbanismo e ao servizo telemático de información á muller, entre outros.