CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

23-04-2013

A Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convoca as probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

As probas realizaranse os días 22 de xuño (nivel 2) e 23 de xuño de 2013 (nivel 3), no Recinto Feiral de Silleda.

O prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de maio de 2013.

Máis información: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello
(981 708 303).
Compartir: