ENTROIDO NO CONCELLO DE ZAS

25-01-2013

OBRADOIROS E XOGOS DE ENTROIDO.

Dirixidos a nenos e nenas de 5 a 12 anos.

- No Centro Sociocultural de Baio: de 17:30 a 19:30h o Xoves 7 e Venres 8 de febreiro
- No Centro Sociocultural de Zas: de 11h a 13h o Luns 11 e martes 12 de febreiro

*Os/as participantes terán que traer unha caixa de cartón.

*A inscrición é obrigatoria: 981.718.056 (Baio) e 981.751.398 (Zas)


BAILE-CONCURSO DE DISFRACES PARA MAIORES coa actuación do grupo D´CAFÉ

No Centro Sociocultural de Zas o sábado, 9 de febreiro de 20h a 23h.

Haberá premios para os mellores disfraces:
· 1º Premio: Cea para 4 persoas
· 2º e 3º Premio: Cea para 2 persoas


MARTES DE ENTROIDO, 12 de febreiro:
· TREN DO ENTROIDO POLAS RÚAS. Ás 15h en Zas e ás 17h en Baio
· XOGOS TRADICIONAIS. Ás 17h na Praza do Concello, en Zas
· CONCURSO DE DISFRACES. Ás 19h no Centro Sociocultural de Zas.
Compartir: