Próximas actividades
16-08-2012
VENRES, 17 DE AGOSTO:
EXCURSIÓN AO AQUAPARK DE CERCEDA.
Estaba prevista para o luns, 13 pero por mor das inclemencias meteorolóxicas aprazouse ata o venres.
Participan 90 nenos/as de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos.
Horario de saída dos autobuses: 10h, en Zas diante da praza do Concello e en Baio, ás 10:15h en Torre Penedo.
Hora aproximada de regreso sobre as 20:30h.
DOMINGO, 19 DE AGOSTO:
DÍA DA BICICLETA.
Realizarase un percorrido polo concello durante a mañá.
Hora de saída: Ás 10h. da praza do Concello.O itinerario terá unha distancia de entre 20 e 25km.
Percorrido: Pasaremos polos núcleos de Zas, Artón, Andregalla, Vilachán, Lamas e Baio, e regresaremos a Zas onde remataremos a actividade cun xantar de convivencia e sorteo de agasallos entre os/as participantes inscritos/as, que xa suman un total de 130.
*Lembramos que a actividade está dirixida a tódalas persoas que o desexen, sendo obrigatorio ter máis de 6 anos, levar casco e estar inscritas previamente.