Próximas actividades

10-08-2012

LUNS, 13:

RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS
nas parroquias de San Adrián de Castro, Zas, Mira, Carreira, Gándara, Lamas, San Clemente de Pazos, Baio e O Allo (o pasado día 6 de agosto recolleuse nas parroquias de Brandoñas, Brandomil, Meanos, Muíño, Roma, Loroño e Vilar). Deben depositalos ó carón dos colectores de lixo antes das 10h. da mañán.


EXCURSIÓN Ó AQUAPARK DE CERDEDA.
Uns 90 nenos/as de entre 8 e 16 anos, pasarán unha xornada no Aquapark. Aqueles participantes que estean inscritos na actividade, non deben esquecerse levar a comida e merenda e protección solar. SAÍDAS DOS AUTOBUSES: Zas (10h. diante do Concello) e Baio (ás 10:15h en Torre Penedo). HORA DE REGRESO aprox.: 20:30h.

DOMINGO, 19:

DÍA DA BICI. Ás 10h da mañán sairán os/as participantes de diante da Casa do Concello en Zas. É obrigatoria a inscrición, que é gratuíta. Farase un persorrido polos arredores do Concello e rematarase cun xantar de convivencia.
Compartir: