Imaxes das actividades da semana

23-07-2012

CAMPAMENTO:

Participaron un total de 32 nenos de 8 a 14 anos. Nas instalacións de Naturmaz (Mazaricos) realizaron: tirolina, rappel, escalada, paintball, piragüísmo, tiro con arco, sendeirismo, xincanas de xogos,... e tamén participaron na súa primeira cea medieval, dende o 18 ao 20 de xullo.

TIRO CON ARCO
A Asociación Su A Agra de Baio, imparte o curso de tiro con arco. A primeira sesión foi o sábado 21, e aínda queda o próximo sábado 28. Participaron unhas 20 persoas de tódalas idades.

VIII CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS

Tivo lugar a saída dende Baio, ás 10:30. Nela participan preto de 90 participantes. Fan o percorrido: Baio-Faro de Fisterra-Baio-Fornelos, onde terán un xantar e entrega de agasallos ó regreso.

Compartir: