Actividades desta semana

16-07-2012

MARTES, 16 - CURSO DE PIRAGÜÍSMO
Participan durante o mes de xullo 7 nenos/as. os martes e xoves no Río Grande en Baio. Este xoves non haberá xa que algúns nenos/as van de campamento.

MÉRCORES 18, 19 e 20 - CAMPAMENTO DE AVENTURA EN NATURMAZ.
Participan un total de 32 nenos e nenas de entre 7 e 14 anos, onde realizarán xogos e actividades como tirolina, escalada, tiro con arco, piragüísmo, paintball, etc...

Horas de saída do autobús: Baio (Torre Penedo) ás 9:15h. Zas (praza do Concello) ás 9:30h

SÁBADOS, 21e 28 de xullo - CURSO DE TIRO CON ARCO
A Asocición Su A Agra de Baio impartirao no campo de Fútbol de Zas. A cita será entre as 11 e as 13:30h. Maiores de 8 anos.


DOMINGO, 22 de xullo.VIII CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS
Sairán ás 10h en Baio (Estrada de Laxe). Realizarán o percorrido: Baio-Fisterra-Baio-Fornelos. Ó final do percorrido haberá un xantar para os/as participantes na Fonte de Fornelos.

Prezo: 5?. Inscricións ata o mércores, 18 no Concello, ou no 981.708.303
Compartir: