Festa Infantil

21-06-2012

Comezan as actividades de verán en Zas cunha festa infantil que terá lugar este sábado 23 de xuño.

A cita é no campo de fútbol e piscina de Zas a partires das 15.30 h.

Haberá inchables, circuito de trikets, escalada, pista americana, tiro con arco, tobogáns acuáticos, festa da espuma, sorprendentes xogos de habilidades para tódalas idades, a Campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata" (Xunta de Galicia), e a actuación de "Os sete magníficos e máis un".

Traede o bañador!
Compartir: