Letras galegas 2012
21-05-2012
Dentro da programación das Letras Galegas 2012, este venres, 18 de maio entregáronse os
premios do IV Concurso de Marcapáxinas.
Presentáronse un total de 212 traballos. Os gañadores foron os seguintes:
CATEGORÍA A: ATA OS 5 ANOS
-Adrián Busto Busto. CEIP Labarta Pose de Baio
-Tatiana Recarey Romar. CPI de Zas
CATEGORÍA B: DE 1º A 5º DE PRIMARIA
-Jorge Carneiro Rojo. CPI de Zas (3º de primaria)
-Miriam Parajó Suárez. CPI de Zas (3º de primaria)
CATEGORÍA C: DE 6º DE PRIMARIA A 4º DA ESO
-Andrea Fuentes López. CEIP Labarta Pose de Baio. 11 anos
-Mila Domínguez Velo. CPI de Zas. 11 anos
Tamén durante o venres tivo lugar a actuación do
Grupo de Teatro "Femenino Plural" do IES Maximino Romero Lema de Baio.
A programación das Letras Galegas 2012 continúa en Zas este
martes 22 coa compañía do Trinke Trinke e a súa ?Viaxe pola Galicia encantada? enmarcada na campaña de
animación á lectura. Será no CEIP Labarta Pose ás 10:30h e no CPI de Zas ás 12:30h.
A derradeira data deste programa será o 3 de Xuño coa
clausura das escolas municipais de teatro de Zas e Baio no Auditorio de Baio ás 18:00h.