Exposición didáctica "Aves de Galicia"

07-05-2012

A exposición didáctica "Aves de Galicia", estivo ao público dende o luns 30 de abril ata o venres 4 de maio no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

É unha exposición itinerante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Dirección Xeral de Conservación da Natureza) da Xunta de Galicia en colaboración coa Obra Social La Caixa, que pretende achegar a poboación ao medio natural a través das aves.

Deixámosvos as imaxes dos grupos de escolares de 1º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Labarta Pose de Baio, de 1º e 2º do CEIP de Zas e do primeiro grupo de persoas adultas que participaron nas visitas guiadas.
Compartir: