Camiño Portugués: 3ª etapa

07-05-2012

Continúa o Camiño de Santiago por etapas, neste caso o Camiño Portugués, dende Tui ata Santiago de Compostela.

A terceira etapa tivo lugar o sábado 5 de maio e foron uns 23 km que se camiñou dende Santa Comba de Bértola ata A Seca. As fotos de grupo sacáronse no Parque Natural do Río Barosa, a uns 300 mts. do fin da etapa de hoxe, a 6 km de Caldas de Reis.

As etapas que nos quedan:

· SÁBADO, 12 DE MAIO: A Seca- Padrón (25,9km)
· SÁBADO, 19 DE MAIO: Padrón-Santiago (25,7 km)

Podedes ver as imaxes desta terceira etapa na galería de imaxes do camiño.
Compartir: